domingo, 29 de novembro de 2015

Imaxinando animais...

A obra "Imaxina animais" de Xosé Ballesteros (Kalandraka), [pinchade na imaxe para máis información sobre o libro]

é unha mostra de como as cousas que nos arrodean poden converterse, se somos quen de velas doutro xeito, noutras moi diferentes. 
Para ser capaces de ir máis alá, de atopar novas maneiras de resolver problemas e de abordar situacións é necesario cultivar o pensamento diverxente. 
O pensamento diverxente é aquel que non se queda cunha única solución e explora outras moitas posibles xenerando ideas creativas. 
Co fin de potencialo, e tendo como inspiración dito libro, levamos a cabo esta actividade.
Neste caso, atopamos novas posibilidades para algúns materiais da natureza que había polo patio... 









XENIAIS!! 


Por se vos interesa, achego un pequeno extracto dunha conferencia do educador Ken Robinson (defensor da necesidade de potenciar a creatividade nas escolas) sobre o pensamento diverxente.

mércores, 18 de novembro de 2015

Mandalas

Os mandalas son debuxos circulares que simbolizan a eternidade, o ser humano, a vida. 
O seu emprego na aula está moi  lonxe de ser unha tarefa común de coloreado das que inhiben a creatividade e pasan por alto a diversidade do grupo. Pola contra, ten a finalidade de potenciar a capacidade de concentración, a atención e a conexión coa creatividade de cada un/unha. 
A nosa primeira experiencia cos mandalas foi realmente positiva. 
Cada quen escolleu o que quixo entre varios modelos e comezamos coloreando con dúas únicas indicacións: cada "cachiño" tiña que ser dunha cor diferente e para que a actividade saíse ben era necesario escoitar a música que puxemos de fondo.








martes, 10 de novembro de 2015

AS UVAS AO CAPACHO!

         É unha necesidade achegar aos nenos e nenas á súa contorna. Por veces, esquecémonos da importancia do próximo. Lembro con agarimo as tardes na eira, as casiñas nas árbores e , moi especialmente, o tempo de pisar as uvas.
         Para algúns nenos e nenas, hoxe en día, as tarefas do campo son algo alleo. Na nosa aula quixemos intentar achegarnos a unha das máis propias do noso arredor: a vendima.
         Con esta actividade procuramos que o grupo tomase conciencia dos procesos que son precisos para obter determinados alimentos, dos seus ritmos de crecemento e maduración,  ademais de que experimentasen de primeira man a recolleita das uvas. 
Foi unha actividade moi enriquecedora e motivadora para os nenos e nenas. 
Neste vídeo podedes ver como nos foi. (Premede na imaxe).




xoves, 5 de novembro de 2015

Vén onda nós o outono...

VÉN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE; 
NOS CAMIÑOS DA FRAGA 
OS OURIZOS XA ABREN. 
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE.
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS, 
ESTREANDO FRIAXE.

Ana Mª Fernández. "Ondas de verde e azul". Xerais. 

O outono é unha das épocas do ano que máis agasallos nos trae: mesturas de cores case hipnóticas, froitos deliciosos, o espectáculo de ver as árbores desprenderse da súa vestimenta, alfombras de follas secas que triscan ao pasar... e moito máis. 
Na nosa clase puidemos desfrutar e sacar proveito dalgúns destes presentes da natureza coa axudas das familias. 


Amosamos, explicamos, tocamos, ulimos e probamos: 








Fixemos "performances" outonais

 converténdonos en árbores por uns 

momentos e inventándolles un nome: 




































Traballamos conceptos lóxico-

matemáticos: formas, cores, 

comparacións, tamaños, cantidades...:
































Creamos composicións artísticas:



E , cando xa as follas  cumpriran todos os seus cometidos,

 alguén dixo..."podemos pintalas": 



Con estas actividades traballamos o contacto e coñecemento máis directo do noso medio natural, a análise e comparación de cualidades de elementos da natureza, a creatividade e a imaxinación, o respecto polo medio ambiente e a alimentación da curiosidade... 
Todo isto e máis... 

Piratas... nas nubes...



Curiosidade, asombro, sorpresa, admiración... 
Os nenos e nenas veñen con todo isto "de fábrica". O noso principal labor debe ser alimentar todas estas extraordinarias capacidades e non arrebatarllas. Como ben nos achega Catherine L`Ecuyer no seu libro "Educar en el asombro", vai ser precisamente esta cualidade o motor da aprendizaxe e o desenvolvemento. 
Así pois, abraiémonos xuntos/as durante este curso 2015/2016. 
Benvidas e benvidos ao blogue dos nenos e nenas de 4 anos B do CEIP Cruceiro de Vilalonga!